PROSA MEDIEVAL NA TRADICIÓN ORAL E NAS RECREACIÓNS POSTERIORES


 Imos traballar na procura dunha conexión que funciona como un poderoso fío do tecido que resulta da nosa literatura milenaria. De novo a tradición oral xoga o seu papel e influenciada pola prosa medieval veremos como se transforma echega aos nosos días dunha rica carga simbólica e uns textos realmente marabillosos e espectaculares da literatura contemporánea.

Imos fixarnos especialmente no Ciclo da Materia de Bretaña.

Investigamos sobre as lendas e mitos que se conservaron por tradición oral do Ciclo Artúrico en Galicia  e sobre a Demanda do Santo Grial:

Procura información sobre: A espada Escalibur, os cabaleiros da Táboa Redonda ou o cáliz da Derradeira Cea en Galicia.

Logo investiga cal é a temática da obras seguintes

 De Ramón Cabanillas: Na noite estrelecida  

 De Álvaro Cunqueiro: Merlín e familia

 De X.L. Méndez Ferrín: Amor de Artur

 De Darío Xohán Cabana: Galván en Saor

De Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle.

Podes consultar A prosa medeival e a tradición oral e culta.  

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN