Publicacións

PROPOSTA DE TRABALLO SOBRE AS CANTIGAS

Imaxe
  QUE CANTIGA IMOS FACER? Escoita e identifica, primeiro as seguintes cantigas. Escollede despois unha cantiga para versionar,  representar, cantar, bailar, dramatizar... TRABALLO DE GRUPO DA PRIMEIRA AVALIACIÓN.  Chegou o día de escoller cantiga(s) en grupo para realizar unha versión protagonizada por vós. Podedes escoller unha cantiga xa gravada e sobre o audio preparar un vídeo protagonizado polas persoas do grupo ou cantala ou dramatizala. Agora ides ver modelos de cantigas e variadas versións nas distintas entradas que enlazamos a seguir.  Os obxectivos didácticos que se pretenden acadar con este traballo son:  1- Protagonizar un achegamento colectivo ao esplendor da lírica galaico-portuguesa selecionando unha cantiga amorosa de amigo ou de amor. 2-  Interiorizar por parte do alumnado esa cantiga amorosa do galego-portugués medieval ata o punto de protagonizar unha montaxe audiovisual ou dramatizada na que como actores e/ou actrices trasladen na interp...

UNIDADE 1/ A LÍRICA MEDIEVAL: As cantigas de amigo e as cantigas de amor

Imaxe
INTRODUCIÓN A LITERATURA MEDIEVAL: DO TRADICIONAL AO TROBADORESCO DAS CANTIGAS DE AMIGO COMENTARIO DUNHA CANTIGA O meu primeiro comentario  AS CANTIGAS DE AMOR

UNIDADE 1/ GRAMÁTICA: Xénero e número de substantivos e adxectivos.

Imaxe
  XÉNERO GRAMATICAL   NÚMERO

UNIDADE 0/ Repaso do Panorama da Historia da Lingua

Imaxe
Como nace unha lingua? AS RAÍCES DA LINGUA NACEMENTO, ESPLENDOR E DECADENCIA MEDIEVAL DOS SÉCULOS ESCUROS E REXURDIMENTO AO NACIONALISMO   DO FRANQUISMO Á ACTUALIDADE Traballo no Día Europeo das Linguas

A MEMORIA DE NOSO: Para que serve a memoria?

Imaxe
Yolanda Castaño ante unha imaxe de Rosalía de Castro Por que falamos da memoria? Falamos da memoria porque é unha ferramenta da humanidade altamente necesaria, para progresar, e o progreso sen coñecemento faise unha tarefa imposible.  Porén non hai memoria sen curiosidade ou afán de saber de nós, ese espello do ser que é a identidade. Como andas de afán por saber?                                                                     E s ti una persoa curiosa?  Todas as persoas somos seres curiosos, temos afán de saber, porque sempre hai preguntas por responder se desexamos medrar.  O afán de saber como se produce?   Pois imos ilustralo cun coitelo que corta ou non, porque está, ou non, ben afiado. Se non temos coitelo, na prehistoria non o tiñan, cortaban con pedras pulidas, logo foron atopando e ...

PROBA DE RECUPERACIÓN DE XUÑO

 A proba do próximo 19 de xuño terá os seguintes contidos atendendo as distintas avaliacións que se deban recuperar: 1ª Avaliación: Literatura: PANORÁMICA DA HISTORIA DE LINGUA ver no blog  TRADICIONAL E TROBADORESCO CANTIGAS DE  AMIGO  no libro páx.66, 67 e 68 CANTIGAS DE AMOR no libro páx.:94, 95 e 96 2ª Avaliación: Literatura : CANTIGAS SATÍRICAS  no libro páx. 116, 117. CANTIGAS RELIXIOSAS páx. do libro 138-139  XÉNEROS MENORES DA LÍRICA MEDIEVAL no libro páx.118 Lingua e sociedade: PLURILISGÜISMO, CONFLITO LINGÜÍSTICO E COMPETENCIA LINGÚÍSTICA no libro páx 76-77 Gramática: VERBOS REGULARES no libro páx.  305-306 3ª Avaliación:  Literatura: SÉCULOS ESCUROS E  PRECURSORES  no libro páx. 193 e páx. 214 Estudar o concepto de Séculos Escuros e de Rexurdimento e a Sarmiento como primeiro precursor e Xoán manuel Pintos, Fco Añón e Antonio Fdez. Morales como precursosres estudados neste curso.  ROSALíA: Obras: estrutura, temáticas...

LECTURA DA COMEDIA BÍFIDA

Imaxe
  Unha obra de Núñez Singala para rematar o curso. Lectura e proba de comprensión lectora: Un xuízo aos desleaais coa lingua. -  Personaxes Divinos e humanos...