Publicacións

Cara ao 2º AVANCE

Imaxe
LÉXICO - A composición páx. 78 - A paisaxe mariña páx. 79 GRAMÁTICA - Cláusulas simples e complexas páx. 82 - Funcións sintácticas páx. 83 - REPASO: Clases de palabras monográfico páx. 94-103.  Comezamos polos substantivos ,  que manteñen unha relación grande cos adxectivos e  artigos (contraccións). ORTOGRAFÍA - O uso dos dous puntos, os puntos suspensivos e a raia pax. 81 LITERATURA - As Cantigas de Santa María de Afonso o Sabio. - Os Xéneros Menores   LINGUA E SOCIEDADE - A variación lingüística: os niveis páx 80.

Poñéndolle o nome á Terra na que vivimos.

Imaxe
 Comezamos esta 2ª avaliación con dúas propostas que esixirán de nós un paso máis na responsabilidade que temos sobre a descuberta de nós. Unha mirada volverá a vista cara ao pasado através da TOPONIMIA e outra mirará cara ao futuro tentando despexar o camiño para o galego no que queda de século abordando unha nova lectura que leva o título de MADE IN GALIZA.    TOPONIMIA DE MARÍN (I): Imos traballar sobre os conceptos básicos da toponimia para poder coñecer a nosa terra un pouco mellor a través da toponimia.  MADE IN GALIZA de Sechu Sende (Faite co libro que despois de Nadal comezamos con el) 

CONTIDOS DA 1ª AVALIACIÓN

Imaxe
  Indicamos a seguir sobre os contidos que realizamos na 1ª Avaliación: -Lectura do libro O segredo da casa de Formoso , de Héctor Carjatraville. Resumos dos capítulos e Proba de lectura e comprensión lectora.  - Materia da proba escrita -Léxico:   Derivación: Prefixos (páx 38) o tempo metereolóxico pax. 39) Os medios de comunicación (páx 59). e sufixos ( páx 58). -Lingua e sociedade:  Panorama da historia da lingua: etapas (blog e libreta). Orixe e formación do galego concepto de substrato e superestrato (páxina 20 e blog). O galego antigo (páx. 40).  Lingua e medios de comunicación (páx.60). -Ortografía: Acentuación (páx. 21) e til diacrítico (páx. 41). O uso do punto, coma e punto e coma (páx.61). -Gramática:   Das palabras (clases) á oración( páx. 22-23). Frases .Tipos (análise de frases) (páx.42-43   e páx. 62-63). - Literatura: Periodización da literatura galega (pax 26). A lírica medieval 8 pax 27-28): cantiga de amigo( páx.46-4...

COMENTAMOS UNHA CANTIGA?

Imaxe
  Que é un comentario de texto? IDENTIFICAR E ARGUMENTAR O SEU TEMA CENTRAL  Identificar e argumentar o tema ou a idea central dun texto literario a partir da análise dos seus recursos estilísticos (de contido semántico, os de carácter formal, mesmo os fonolóxicos, especialmente se falamos dun texto lírico) e tendo sempre moi presnete o contexto cultural, histórico e social do mesmo. Bótalle unha ollada ao esquema dun comentario de textos: A cuestión do autor/a? IDENTIFICAR O AUTOR/A  Hai comentario que nos esixen que asociemos o texto a un autor ou a unha corrente literaria. Tam´ne pode haber ocasións nas que se nos informe sobre o autor/a e contemos con ese dato para comezar o noso comentario.  Non é pouco importante coñecer o autor ou autora do texto, polo que isto significa á hora de datar e contextualizar ese texto no conxunto da súa obra escrita como para localizar o noso comentario nun determinado contexto literario e a época na que foi composto.   COMENT...

LEMOS EN GALEGO

Imaxe
  O Plan Lector lévanos habitualmente a coñecer e ler sobre un autor actual e novelas tamén ambientadas nos nosos tempos. Imos coñecer a un autor novo Héctor Cajaraville a través do título: O Segredo da Casa de Formoso.  Escoitemos ao autor falándonos da novela:   Como vén sendo norma, lemos resumimos os seus 15 capítulos (capítulo a capítulo) e faremos unha proba de lectura a finais de novembro o día 26 de novembro.  Trátase dun argumento sinxelo, pero que require unha pouca de información de cal foi a verdadeira Guerra Civil que se viviu en Galicia, é dicir, máis que unha guerra houbo un proceso bestial de represión dos vencedores sobre os vencidos que ademais de asasinatos atroces provocou grandes abusos. Isto pode verse na trama desta novela sen chegar a centrarse de xeito exclusivo nesta trama. A importancia que ten asunto para a novela é semellante a espazo que se lle dedica a explicar o segredo, nin máis nin menos. Convén pois consultar unha serie de termo...

PARA A PROBA 1º AVANCE

Imaxe
 UNIDADE 0: ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE - Como nace unha lingua ?   no libro na páxina 20. - Panorámica da Historia da Lingua: no libro páx. 26   no blog do curso pasado UNIDADE 1: A LÍRICA MEDIEVAL (TRADICIONAL E TROBADORESCO) LITERATURA:  - A nosa literatura medieval no libro páx 27 e 28  e no blog Tradicional e Trobadoresco. - A cantiga de amigo  no libro páx. 46,47 e 48 e no blog Tipoloxía das cantigas. O NOME DAS COUSAS: -O léxico do galego páx. 18  ampliado cos conceptos: étimos latinos e os seus pares léxicos: palabras cultas e patrimoniais, ademais de semicultismos (observa a imaxe cun exemplo) O tempo cronolóxico  páx. 19 ORTOGRAFÍA: As regras de acentuación páx. 21 GRAMÁTICA: Da palabra á oración páx, 22 e 23 EXPRESIÓN. O texto e as súas propiedades páx. 25

AS NOSAS CANTIGAS MEDIEVAIS E O SEU COMENTARIO

Imaxe
Como ben sabedes este acuros a demais de coñecer máis polo miúdo distintas épocas da nosa literatura imos abordar o comentario de textos. Un texto medieval polas súas peculiaridades ( léxico da época, estética e modas que nos son en principio alleas) precisa  unha serie de indicacións previas para poder comentalo. Imos destacar primeiramente os seguintes aspectos:  - Tradicional e Trobadoresco na Lírica Galaico-Portuguesa. - Tipoloxía das Cantigas de Amigo - Comentando as cantigas. - As Cantigas de amor. - As Cantigas de Escarnio e Maldicir - A Lírica relixiosa - Os xéneros menores.