TRADICIONAL E TROBADORESCO
O tradicional e o trobadoresco na lírica medieval galego-portuguesa En Galicia, o reino medieval máis vello de Europa, temos moitos indicios da existencia dende vello dunha tradición oral popular que crearía cantigas entre elas un tipo de canción feminina de temática amorosa , interpretada polas mesmas mulleres, tradición que, en boa medida, persistiu ata os nosos días a través das cantadeiras. Mais a literatura culta escrita en galego-portugués non comezará ata o século XIII coa chegada da moda do Lirismo Provenzal grazas ao Camiño de Santiago que trouxo a Compostela en peregrinación cos nobres occitanos as ideas do amor cortés ou trobadorismo e os seus gustos poéticos. Deste encontro entre a canción feminina tradicional e a lírica trobadoresca da Provenza comezan a escribirse as nosas cantigas en galego-portugués por autores galegos que tomando como modelos a lírica tradicional oral autóctona e o trobadorismo crearán os xéneros que hoxe coñecemos das cantigas de amigo, as
Comentarios
Publicar un comentario