REPASANDO OS PRONOMES PERSOAIS

 


PARA REPASAR CON XEITO : IMOS COS PRONOMES!

Catro pasos: Identificar e saber contraer, memorizar a colocación e as súas excepcións e finalmente practicar ata que saia ben. 

1º  Identificalos, 

 


2º Saber cales son as súas contraccións habituais ver no libro páx. 304


3º Colocación dos pronomes persoais átonos:

Nunca comeza o enunciado cun pronome átono:  Éncheme o depósito. Díxenlle todo.

Habitualmente irá detrás do verbo:  Quérote.

Pero existen catro excepcións:

 

 - Oracións negativas ou desiderativas:  Non te quero / Oxalá te quixese.

 

- Oracións subordinadas: Dixo que te quería/ se te quixese... / porque te quería.

 

- Oracións interrogativas ou exclamativas directas: Quen te quererá?/ Como te quería!

 

. Cando antes do verbo hai adverbios e indefinidos: Xa te quería/  Alguén te querería

 

4º Exercicios con pronomes persoais para practicar

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación:

CONTIDOS DA 2ª AVALIACIÓN

Os xéneros menores e o comentario das pastorelas