RECUPERACIÓN DA MATERIA. xuño 2020
A causa do confinamento, como xa se vos comunicou, os alumnos/as puideron ir recuperando a materia pendente de Lingua e Literatura Galega a través da realización de actividades de diversa índole remitidas polo profesor semanalmente e devoltas a través do correo electrónico da materia. Para aqueles que amosaron problemas telemáticos (que son casos puntuais), o centro habilitou neste período un sistema de entrega de traballos semanal para poder recibir e remitir o material pertinente. Os alumnos/as que non optaron por esta fórmula saben que deberán realizar unha proba telemática oral co profesor : 3º da ESO A o próximo 3 de xuño a partir das 12 horas. 3º da ESO B o día 4 de xuño a partir das 9,30 horas. Dita proba dependendo da avaliación pendentes versará sobre os seguintes contidos dados presencialmente agás unha pregunta que se corresponderá á 3ª avaliación: 1ª avaliación 2ª avaliación A seguir indicamos os contidos básicos destas dúas aval...