TEORÍA E PRÁCTICA DO COMENTARIO
UN DOS OBXECTIVOS DESTE TRIMESTRE: COMENTAR TEXTOS Un dos obxectivos deste curso é desenvolver capacidades qu enos permitan comentar textos con certa soltura. Ir máis alá do recoñecemento de textos literarios e das súas carcaterísticas básicas, trátase de procurar entrar na fondura dos textos, na conexión entre o tema central e a súa estrutura, sumándose a coñecer mellor as etapas da literatura e os recursos máis habituais de autores, eses que marcan un estilo. Imos comentar a seguir unha cantiga seguindo un esquema que será válido para todo tipo de textos comentados. Explicámolo cun exemplo práctico a partir dunha cantiga da literatura galaico portuguesa medieval. QUE É UN COMENTARIO LITERARIO? • Identificar un tema central ou idea que pretende comunicar un autor/a e argumentar cos recursos significativos do texto esa idea escollida. • Tamén pode ser que teñamos que...