TEORÍA E PRÁCTICA DO COMENTARIO
UN DOS OBXECTIVOS DESTE TRIMESTRE: COMENTAR TEXTOS
Un dos obxectivos deste curso é desenvolver capacidades qu enos permitan comentar textos con certa soltura. Ir máis alá do recoñecemento de textos literarios e das súas carcaterísticas básicas, trátase de procurar entrar na fondura dos textos, na conexión entre o tema central e a súa estrutura, sumándose a coñecer mellor as etapas da literatura e os recursos máis habituais de autores, eses que marcan un estilo.
Imos comentar a seguir unha cantiga seguindo un esquema que será válido
para todo tipo de textos comentados. Explicámolo cun exemplo práctico a partir
dunha cantiga da literatura galaico portuguesa medieval.
QUE
É UN COMENTARIO LITERARIO?
• Identificar
un tema central ou idea que pretende comunicar un autor/a e argumentar
cos recursos significativos do texto esa idea escollida.
•
Tamén pode ser que teñamos que localizar un autor con respecto
a un texto polo seu estilo e temática.
PARTES DUN
COMENTARIO
•
Lectura e información (se é preciso co dicionario)
•
Localización (xénero, autor, obra, data e contexto social e literario)
•
Interpretación ou núcleo:
a) asunto ou resumo, tema ou idea central e punto de vista (voz lírica ou
narrativa)
b) estrutura ou partes, relacións e elementos que vertebran o
texto. (Na narrativa: personaxes, espazo, tempo e discurso)
c) linguaxe (por niveis semántico: o ton / contido, o morfosintáctico: o ritmo/
forma e, no caso de ser poesía, o fónico: rima/sonoro-musical).
•
Valoración: Resumo e conclusións, poñendo en conexión o tema cos distintos
niveis comentados a destacar como argumentos razoados que se relacionan coa
idea central do texto e a súa congruencia coa obra, autor/a e corrente
literaria á que pertenza.
COMENTAMOS UNHA CANTIGA?
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo.
E , ai
Deus!, se verrá cedo.
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado,
E
, ai Deus!, se verrá cedo.
Se vistes meu amigo,
o porque eu sospiro.
E , ai
Deus!, se verrá cedo.
Se vistes meu amado,
o por que hei gran coidado.
E , ai Deus!,
se verrá cedo.
Martín Códax
1) LECTURA DO TEXTO:
• Para comentar un texto
precisamos varias lecturas do mesmo.
• Despexar as dúbidas do
léxico.
• Deducir a idea central e
distinguilas das secundarias.
• Identificar as partes nas
que podemos dividilo.
• Unha gran axuda ofrece o
coñecemento previo da obra e do autor.
2) LOCALIZACIÓN:
No caso da cantiga de
amigo de Martín Códax, xograr do século XIII época do esplendor da lírica
galaico-portuguesa, en pleno auxe da moda do amor cortés.
3) INTERPRETACIÓN DA LINGUAXE (NÚCLEO DO
COMENTARIO)
a) Identificar
un tema central: asunto ou resumo, tema e punto de vista
- Deducir a
idea central e distinguila das secundarias.
- Identificar
as partes nas que podemos dividilo.
- Unha
gran axuda ofrece o coñecemento previo da obra e do autor.
O asunto ou resumo e os recursos máis significativos
axúdannos:
Asunto: Unha muller namorada
intranquila pregúntalle ao mar (simbolismo da natureza, reforzado con
adxectivos como levado) polo seu amigo, ao cal non ve, logo despraza a queixa a
Deus ante a incerteza reiterada da non presenza do que tanto ama e polo tanto
sofre.
• Do asunto
(ou resumo) deducimos o tema.
Tema : A
queixa (ou incertidume) pola ausencia (ou retraso) do namorado.
Do punto de vista á estrutura (voz
lírica) que emprega o autor pasaremos a analizar a estrutura do texto.
Se o punto de vista é lírico: tipo de estrofas (partes
que apreciamos tendo en conta o contido semántico do poema (tamén podemos
realizar agora unha análise da estrutura formal (estrofas, tipo de poema)
Punto de vista: Eu
escécino. Martín Códax cede a voz a unha muller namorada para expresar os seu
ssentimentos amorosos.
b) Estrutura: Dúas
partes: 1ª Presentación: Unha primera na que a namorada
indica o interlocutor simbólico (o mar) escollido para manifestar os seus
sentimentos, especialmente o da súa incertidume ante a ausencia do amigo.
Na segunda intensificación da idea
central parte aparece xa a queixa ante a incerteza do encontro co
namorado. Como se pode observar as cantigas de amigo presentan habitualmente
unha serie de elementos narrativos: personaxes (namorada, amigo, confidentes ou
interlocutores e espazos). Neste caso a localización sitúanos en Vigo e ante o
mar que é o confidente escollido o que determina o subtipo de cantiga ou
modalidade xenérica: unha cantiga de amigo mariña ou barcarola.
c) Interpretación
do nivel semántico de contido: Procuramos no contido argumentos para
defender o que para nós é a idea centarl do texto.
Atopamos un ton anguriado e lastimeiro da namorada
ante o mar de Vigo que deducimos de:
- As cadeas léxicas: Do mar (ondas, mar
levado e Vigo) e da preocupación/queixa (vistes, verrá, sospiro, coidado)
- As connotacións ou suxestións a partir das palabras
do texto a ideas que se deducen tras da lectura: Por exemplo: a da incerteza e
da queixa pola ausencia e o amor que lle ten (se verrá cedo/ gran coidado)
A queixa elévase no refrán cunha expresión ai
Deus! converténdo tamén a ese Deus en certa maneira en interlocutor
interior espiritual, a outro nivel que o confidente central do mar
(exterior).
- Nos artificios semánticos como o epíteto “levado” que acompaña ineludiblemente ao símbolo, ou metáfora continuada do mar = paixón amorosa inzado de connotacións (ideas que suxiren as ondas tanto o baño previo ao encontro desexado) ademais de ser o receptor confidente principal escollido para interpelar, ao que confesar o seu sufrimento como namorada, un elemento material da paisaxe natural cuxa presenza pode levala ao seu amado, punto de encontro. As ondas do mar de Vigo convértense así nunha especie de locus amoenus propiciatorio do amor.
d) Interpretación do nivel morfosintáctico ou formal:
O dinamismo é lento (ou negativo) recreándose na
incertidume e queixa da namorada que deducimos de:
- Elementos gramaticais adxectivos e adverbios
(repetidos e intensifican o contido que se expresa)
- Enunciados subordinados (non son ideas referencias,
presentan subordinación e complexidade)
- Artificios formais de repetición: paralelismo, refrán e leixaprén, Explicitar o uso do recurso.
e) Interpretación do nivel fonolóxico: musicalidade da
cantiga
O gusto polo paralelismo das cobras dobras ou estrofas
de pareados con rima consonante (nun caso asonante). A rima
femia ou grave aa refrán /bb refrán /aa refrán,/bb refrán.) denota certa
irregularidade e o elemento tradicional do leixaprén e refrán propios do estilo
dun xograr popularizante.
4- VALORACIÓN
Trátase dun poema da época de auxe da lírica
galaico-portuguesa, cantiga de amigo de carácter tradicional tanto pola
temática posta en boca dunha muller, como polos recursos semánticos, unha
barcarola (espazos naturais abertos e simbolismo do mar confidente da súa
incerteza e desacougo), formais e sonoros (paralelismo-leixaprén) mesmo polo
uso do refrán, tamén de corte tradicional. Ademais atopamos trazos
trobadorescos (sentimento interior de cuita ou sufrimento da namorada,
exclamación a Deus)
O autor emprega pois elementos tradicionais
que combina cos elementos trobadorescos evidenciando un momento
central e maduro do esplendor medieval da nosa lírica. É un xograr
da Ría de Vigo do que se coñecen ademais do texto as melodías musicais coas que
adoitaban interpetar as súas cantigas, e que forman parte do famoso Pergamño
Vindel, un dos textos máis significativos da nosa Literatura Medieval.
Comenta ti agora a seguinte cantiga de Airas Nunes (século XIII)
Comentarios
Publicar un comentario