Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2022

O día 23 de febreiro nacía Rosalía

Imaxe
 Neste día tan singular comezamos a nosa andaina pola Literatura Galega Contemporánea. CUESTIONARIO 1ª De quen son estes versos?   Co son da gaitiña, co son da pandeira, che pido que cantes, rapaza morena.   Tocaban as gaitas. ó son das pandeiras bailaban os mozos   cas mozas modestas.   Nas porta dos ricos,   nas portas dos pobres, que aquestes cantares a todos responden   Que feira rapaza si cantas faremos...! festiña por fóra, festiña por dentro...   Canta si queres,   na lengua que eu falo,   dareiche un mantelo,   dareiche un refaixo...   Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega,   consolo dos males,   alivio das penas.     2º Dirías que son estes versos que seguen do mesmo autor/a? Razoa a resposta.   Bailaban as mozas aos son do pandeiro,   con elas bailaban   os mozos mancebos...   Con gaita e tambor ...

PROSA MEDIEVAL NA TRADICIÓN ORAL E NAS RECREACIÓNS POSTERIORES

Imaxe
 Imos traballar na procura dunha conexión que funciona como un poderoso fío do tecido que resulta da nosa literatura milenaria. De novo a tradición oral xoga o seu papel e influenciada pola prosa medieval veremos como se transforma echega aos nosos días dunha rica carga simbólica e uns textos realmente marabillosos e espectaculares da literatura contemporánea. Imos fixarnos especialmente no Ciclo da Materia de Bretaña. Investigamos sobre as lendas e mitos que se conservaron por tradición oral do Ciclo Artúrico en Galicia  e sobre a Demanda do Santo Grial: Procura información sobre: A espada Escalibur, os cabaleiros da Táboa Redonda ou o cáliz da Derradeira Cea en Galicia. Logo investiga cal é a temática da obras seguintes  De Ramón Cabanillas: Na noite estrelecida    De Álvaro Cunqueiro: Merlín e familia  De X.L. Méndez Ferrín: Amor de Artur  De Darío Xohán Cabana: Galván en Saor De Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle. Podes consultar A prosa mede...

REPASANDO OS PRONOMES PERSOAIS

Imaxe
  PARA REPASAR CON XEITO : IMOS COS PRONOMES! Catro pasos: Identificar e saber contraer, memorizar a colocación e as súas excepcións e finalmente practicar ata que saia ben.  1º  Identificalos,    2º Saber cales son as súas contraccións habituais ver no libro páx. 304 3º  Colocación dos pronomes persoais átonos: Nunca comeza o enunciado cun pronome átono :  Éncheme o depósito. Díxenlle todo. Habitualmente irá detrás do verbo:   Quérote. Pero existen catro excepcións:     - Oracións negativas ou desiderativas :   Non te quero / Oxalá te quixese.   - Oracións subordinadas : Dixo que te quería/ se te quixese... / porque te quería.   - Oracións interrogativas ou exclamativas directas : Quen te quererá?/ Como te quería!   . Cando antes do verbo hai adverbios e indefinidos: Xa te quería/   Alguén te querería   4º Exercicios con pronomes persoais para practicar