O 1º ESPERTAR CULTURAL DA GALLAECIA MEDIEVAL: DE PRISCILIANO AO NACEMENTO DO GALEGO
Esta panorámica convén tela presente para saber en todo momento sobre que etapa estamos traballando e cal é a súa situación con respecto as restantes na historia da lingua galega culta: Aínda que a tradición oral dalgún xeito está reflectida no cadro superior, non debemos perder de vista esta literatura de corte popular e ágrafa que describe, como ben sabes, unha gráfica distinta aínda que coincidente por momentos coa da literatura de tradición culta (escrita e de autor). É por iso que adxuntamos a seguir unha gráfica específica para podela contrastar coa anterior. Reparemos a seguir no 1º ESPERTAR CULTURAL DA GALLAECIA MEDIEVAL Tras da Romanización o mundo galaico-romano, pasará por unha etapa moi curiosa na que se sitúa á vangarda da Litetarura Culta escrita en Latín. Ten todo isto moito que ver con Prisciliano e o movemento que xera este heterodoxo cristián tras da súa decapitación. Logo aparece Exeria, a primeira turista da historia e ...