Para celebrar o Día mundial do Teatro
Agora que estamos a pasar unha terrible praga pode ser un bo momento para che propor unha actividade sobre esta obra de teatro de Roberto Vidal Bolaño: Despois de ver o vídeo realizaremos a lectura dalgunha das escenas desta obra do PDF antes de responder ao seguinte cuestionario: 1- Como se chama a obra sobre a que estamos traballando? 2- Por que cres que leva este título? 3- A meirande parte dos personaxes desta obra que son? E que sagrada misión teñen? 4- <b>O xénero teatral formalmente identifícase porque establece un diálogo</b> (entre os personaxes ou entre un actor/actriz ou actores/actrices e o público). <b>En canto ao contido defínese por presentar un conflito</b> (un enfrontamento de ideas) que ás veces se resolve felizmente, outras remata en desgraza. Na presente obra, cal cres que é o principal conflito que se presenta? 5- Esta obra é unha traxedia ou unha comedia? Por que? 6- Esta obra ten unha temá...