COMENTAMOS TEXTOS DE ROSALÍA?
Adios rios, adios fontes, Adios regatos pequenos, Adios vista dos meus ollos Non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, 5 Terra donde m' eu criei, Ortiña que quero tanto, Figueiriñas que prantei. Prados, ríos, arboredas, Pinares que move o vento, 10 Paxariños piadores, Casiña dó meu contento, Muíño d' os castañares, Noites craras de luar, Campaniñas trimbadoras 15 Dá igrexiña dó lugar, Amoriñas d' ás silveiras Qu' eu lle dab' ó meu amor, Camiñiños antr' ó millo, Adios, para sempr' adios! 20 Adios groria! Adios contento! Deixo á casa onde nacín, Deixo á aldea que conoço, Por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, 25 Deixo á veiga pólo mar, Deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!... . . . . . . . . ...