A TRADICIÓN ORAL NO NADAL
Este curso debemos estar moi atentos á todo o que arredor da nosa tradición oral aconteza. Imos aproveitar o Nadal para comezar nesta posta en valor na nosa aula da literatura detradición oral e a súa relación co patrimonio cultural que representa. Actividades: 1- De que trata esta cantiga? 2- Sabes que é un aguinaldo? 3- Nesta panxoliña de Nadal nótase a diglosia, existente no noso país? Sabíades que nos Séculos Escuros curiosamente un dos textos que se difundiron en galego mesmo fóra de Galicia e en galego foron os vilancicos? Este aparente paradoxo ten dúas razóns de ser: Unha pola razón parte dunha cousa aparentemente intranscendente, da semellanza que vían moitos naquela época entre os nomes de Galicia e Galilea, pobos ambos que con certo parecido nos nomes, de habitantes humildes con gran cantidade de pastoras e pastores. Non podemos esquecer que nos séculos XVII e XVIII houbo unha moda que permitiu entre as catedrais da nosa península u...