PARA DESPOIS DAS VACACIÓNS... Toponimia, lectura e comentarios
Nos próximos días abordaremos: Toponimia de Marín : Localizamos nun mapa 10 ou máis microtopónimos próximos ao lugar onde vivimos. Podes usar o enlace no blog específico. Rematamos coa lectura de Made in Galiza para despois das vacacións realizaremos unha proba de lectura con estes textos como protagonistas: CURTAMETRAXE NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS UNHA PALABRA COMÚN O LADRóN DE PALABRAS MADRITH O PAÍS QUE FALABA LABORATORIOS SOCIAIS DE SOCIOLINGÜÍSTICA ÁS VECES SINTO QUE NO MEU PAÍS FALTAN PALABRAS EU NUNCA SEREI YO PARACAÍDAS COMENTARIO DE TEXTOS : QUE É UN COMENTARIO DE TEXTO LITERARIO? Un comentario dun texto literario é unha interpretación que se fai sobre unha obra en prosa ou en verso dun autor/a. Esa interpretación parte do tema ou idea central que, o que comenta, argumenta tras da lectura do mesmo seguindo unha análise das distintas características ou trazos que presenta ese texto. ESQUEMA PARA A REALIZACIÓN DUN COMENTARIO Para face...