COMENTAMOS UNHA CANTIGA?
Que é un comentario de texto? IDENTIFICAR E ARGUMENTAR O SEU TEMA CENTRAL Identificar e argumentar o tema ou a idea central dun texto literario a partir da análise dos seus recursos estilísticos (de contido semántico, os de carácter formal, mesmo os fonolóxicos, especialmente se falamos dun texto lírico) e tendo sempre moi presnete o contexto cultural, histórico e social do mesmo. Bótalle unha ollada ao esquema dun comentario de textos: A cuestión do autor/a? IDENTIFICAR O AUTOR/A Hai comentario que nos esixen que asociemos o texto a un autor ou a unha corrente literaria. Tam´ne pode haber ocasións nas que se nos informe sobre o autor/a e contemos con ese dato para comezar o noso comentario. Non é pouco importante coñecer o autor ou autora do texto, polo que isto significa á hora de datar e contextualizar ese texto no conxunto da súa obra escrita como para localizar o noso comentario nun determinado contexto literario e a época na que foi composto. COMENT...