O nacemento da lingua e as súas raíces
Toda lingua, como ser vivo que é ten unha data de nacemento. Nace da interacción da Natureza e unha comunidade humana asentada nunha terra, semella no seu proceso de nacemento en certa forma a unha planta que nace dunha semente ( a do latín para o caso do galego-portugués), máis que un parto animal, (de aí a importancia do lugar da terra onde nace). Saber que unha lingua, coma unha árbore centenaria, leva nas súas costas unha longa historia anterior ao nacemento e que as súas raíces se afunden séculos e séculos atrás é de vital importancia para valorar o proceso creador do que somos portadores e o que suporía a súa desaparición. Fíxate nos conceptos básicos de: - ESTRATO: Latín, a lingua base denominada habitualmente nai do galego, o máis parecido a unha semente. A esencia do galego un 80% do seu léxico é latino. - SUBSTRATO: A pegada no galego das linguas previas á chegada do latín. - SUPERESTRATO: A pegada no galego das linguas posteriores ao asentamento do latín, p...