No Día da Paz creamos unha nova versión dun poema
Imitando o seguinte poema de Celso Emilio Ferreiro imos crear o noso propio poema no Día da Paz: <i>Digo Viet Nam e basta Digo bomba de fósforo. Apenas digo nada. Digo lombriga e larva de carne podrecida. Digo nenos de napalm, terror de noite e selva, fedor de cidade e cloaca. Fame, suor, aldraxe, pugas de aceiro, antropofaxia. Digo guerra bestial, tremor de terra, crime, lume, lava, estoupido, verdugo e mortandade en masa. Digo gas abafante. Apenas digo nada. Digo yanqui invasor, depredador de patrias. Digo plutonio, pentágono, esterco bursátil, palanca, Presidente, gadoupa, chuvia, amargura, baba. Digo petróleo, ferro, mineral, trampa, lobo, caimán, polaris, cóbrega, miseria, diplomacia. Digo devastación que USA, usa. Apenas digo nada. Digo Viet Nam i está xa dito todo cunha soia palabra. Para abranguer a vergonza do mundo, digo Viet Nam e basta.</i> Viaxe ao país dos ananos 1968