Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

CONTIDOS DA 2ª Avaliación

 Os contidos da 2ª avaliación serán divididos nunha proba de avalición con teoría e práctica, ademais do paln lector que xa realizamos da novela: Poder non é querer.   A proba terá os seguintes contidos: LITERATURA: - As cantigas satíricas: de Escarnio e Maldicir . No libro de texto na páx. 116-117 - As cantigas relixiosas de Santa María . No libro de texto na páxina 138-139 - Os Xéneros Menores. No libro de texto na páx. 118 - A Prosa Medieval. No libro de texto na páxina 140  COMENTARIO: Identificar aen textos medievais distintos tipos de cantigas e comentario de pastorelas.  O concepto dos séculos escuros , como nolo descobre o Pai Sarmiento. LINGUA E SOCIEDADE: - Plurilingüismo e Conflito lingüístico  - Bilingüismo e Competencia lingüística (Sobre esta última, tendo en conta o pouco espazo que se lle dedica nos textos do libro recomendamos lembrar o que se subliñaba acerca dela na aula: A Competencia Lingüística é a que nos permite poder escoller en liberda...