DERRADEIRA CLASE DO 2025
Imos coas cantigas tradicionais de Nadal: Cantigas de Nadal ou Coplas do Nadal recollido por Alan Lomax en Soutoxuste (Redondela) en 1952 e recreada do seguinte xeito: Aguinaldo recollido no Ayes de mi país: O cancioneiro de Marcial Valladares. Catro mancebos xuntiños, aquí xuntiños estamos e tan cansado os catro que é preciso alimentarnos. De moi ben lonxe xa vimos; moito que andar inda falta as forzas piden reparo, Mollo as gorxas, e non de auga. Chouriziños, longanizas uña de porco, fuciño, de xamón dúas tortillas, con dous xerriños de viño. Abran as portas, Señores, que por honrados nos temos e sabe Dios se para o ano á porta lles cantaremos. De cantar xa nos cansamos; por pobres non nos desprecien, que, s´algo os ricos non dan os pobres mal se remexen. Vivan e vivamos todos, que para todos Dios dou; Saudiñas; cante o merlo; ...