Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2025

PROBA DE LECTURA DE MADE IN GALIZA E COMENTARIO

Imaxe
  A proba de lectura deste libro constará de dúas actividades, unha proba de comprensión lectora sobre un total de 20 textos, e outra de comentario sobre un dos textos do libro.   Relación de textos do libro para realizar a proba de lectura de comprensión lectora de MADE IN GALIZA de Séchu Sende FALAR CURTAMETRAXE   NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS O LADRÓN DE PALABRAS   UF A MULLER QUE VIVÍA NO FUTURO INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR  A HABLAR GALLEGO A AGULLA DE MAREAR NIN EN SOÑOS VOU PERDER A MIÑA LINGUA ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO SOBRE A MOCIDADE BAIXO O EFECTO DAS DROGAS A LINGUA MÁIS DIFÍCIL MADRITH EU NUNCA SEREI YO NH POSITIVO A PRIMEIRA BONECA QUE FALA GALEGO LABORATORIOS SOCIAIS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA O HOME QUE AGARDABA QUE LLE DIXESEN O QUE TIÑA QUE FACER ÁS VECES SINTO QUE NO MEU PAÍS FALATAN PALABRAS O PARACAÍDAS   - ESCOLLER 2 textos máis dos restantes que serán obxecto tamén dunha pregunta da proba de lectura. ...

REPASO: OS PRONOMES PERSOAIS (Tónicos e átonos).

Imaxe
  PRONOMES TÓNICOS (ver tamén no libro de texto páxinas 110- 111,-112 e 113)  Contraccións de C. Indirecto e C. Directo:   A COLOCACIÖN DOS PRONOMES ÁTONOS:   Colocación dos pronomes átonos: - Nunca poden comezar un enunciado: Quéreme  moito! - Posición natural despois do verbo: Pediume un libro.   Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativas:  Oxalá te quixese! Non cho daría.         2ª- Nas oración subordinadas:  Dixo que te chamaría. Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas: Quen che dixo iso?         4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e adverbios (acaso, aínda, ata, ben, case, disque, igual, seica, sempre, só, tamén, xa):   EXERCICIOS CON PRONOMES PERSOAIS 

REPASO GRAMATICAL DOS VERBOS (I): Verbos regulares

Imaxe
  Para repasar a teoría sobre o verbo  (I) e verbo (II)  Exercicio. Conxugar un verbo da 1ª ANDAR, da 2ª COMER e da 3ª ESCRIBIR

ECOS E DEBATES DAS RELACIÓNS ENTRE LINGUA E SOCIEDADE

Imaxe
 PLURILINGÜISMO: Situación e status das linguas: Linguas maioritarias e minoritarias? BILINGÜISMO E CONFLITO LINGÜÍSTICO: COMPETENCIA LINGÜÍSTICA NECESARIA. Teñen as galegas/os a competencia lingüística necesaria nas dúas linguas?   Comenta o seguinte artigo para valorar a importancia da competencia lingüística.  Galicia  a única comunidade con lingua cooficial na que empeora o uso do seu idioma na rapazada Podes consultar sobre estes conceptos no libro de texto as páxinas 76/77

A PROSA MEDIEVAL

Imaxe
A prosa medieval galega é máis escasa ca lírica en galego-portugués, ten menor relevancia, pero non por elo resulta pouco interesante e transcendente para coñecer mellor unha parte do noso patrimonio cultural certamente curiosa. Por unha banda, esta prosa será capaz de entroncar e botar raíces en determinadas lendas da tradición oral vivas ata o século XIX e XX, tanto como para alimentar a literatura culta de épocas máis recentes, como veremos.      A prosa de ficción artúrica ou céltica. Na prosa medieval galega atopámonos cunha narrativa de ficción relacionada co Ciclo Bretón ou Materia de Bretaña, da mitoloxía céltica que presenta un especial vigor na nosa tradición oral: Os cabaleiros do rei Artur encantados na Lagoa Antela en forma de mosquitos, a lenda do cáliz do Cebreiro que entronca co Santo Grial ou a illa de Sálvora vista como unha illa de Avalón .  Desta tradición literaria medieval ademais nacerán recreacións cultas no XIX e sobre todo no século XX (co...

OS XÉNEROS MENORES: Pastorelas, Lais, Prantos e Tenzóns

Imaxe
 Ua moça namorada  ver o texto Hai cantigas de amigo, como a que escoitaches que presentan unha historia nas que a namorada fala do seu amigo, pero a voz narrativa permanece nunha curiosa 3ª persoa, estas cantigas están moi próximas ao que os trobadores chamaban pastorela, un dos xéneros menores que imos coñecer hoxe: OS XÉNEROS MENORES.