GRAMÁTICA a modo de complemento

 PRONOMES 

Dado que este curso no libro de texto  non se lembraron dos pronomes e agás nos anexos non  aparecen imos lembrar a modo de repaso o esencial:

Dintinguir pronomes persoais dos pronomes non persoais ou determinativos, é dicir, aqueles que poden aparecen como determinantes acompañando a un substantivo. 


Imos deternos con maior atención nos PRONOMES PERSOAIS podes ampliar información neste  enlace sobre os pronomes


 Sobre a colocación dos pronomes átonos:
 Nunca comeza o enunciado un pronome átono:  Éncheme o depósito. Díxenlle todo. 
Habitualmente irá detrás do verbo:  Quérote. 

Existen catro excepcións:
 - Oracións negativas ou desiderativas:  Non te quero / Oxalá te quixese.
- Oracións subordinadas: Dixo que te quería/ se te quixese... / porque te quería.
- Oracións interrogativas ou exclamativas directas: Quen te quererá?/ Como te quería!
. Cando antes do verbo hai adverbios e indefinidos: Xa te quería/  Alguén te querería.

Exercicios para practicar. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN