PRONOMES Dado que este curso no libro de texto non se lembraron dos pronomes e agás nos anexos non aparecen imos lembrar a modo de repaso o esencial: Dintinguir pronomes persoais dos pronomes non persoais ou determinativos, é dicir, aqueles que poden aparecen como determinantes acompañando a un substantivo. Imos deternos con maior atención nos PRONOMES PERSOAIS podes ampliar información neste enlace sobre os pronomes Sobre a colocación dos pronomes átonos: Nunca comeza o enunciado un pronome átono: Énche me o depósito. Díxen lle todo. Habitualmente irá detrás do verbo: Quéro te. Existen catro excepcións: - Oracións negativas ou desiderativas: Non te quero / Oxalá te quixese. - Oracións subordinadas: Dixo que te quería/ se te quixese... / porque te quería. - Oracións interrogativas ou exclamativas directas: Quen te quererá?/ Como te quería! . Cando antes do verbo hai adverbios e indefinidos: Xa te que...