CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño
Quen é Roberto Vidal Bolaño? Roberto Vidal Bolaño un home de teatro Entrevistas a Roberto vidal na TVG Criaturas a súa última creacción, Premio Max de Teatro 2001 Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Iniciouse no mundo do teatro da man do grupo Antroido, co que representou as súas primeiras obras. Participou con este grupo nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), e nelas deuse a coñecer como dramaturgo e como escenógrafo. Desde 1978 dedicouse profesionalmente ao teatro. Foi un dos primeiros directores en participar no teatro institucional pondo en escena, en colaboración co Centro Dramático Galego, en 1984, a súa obra “Agasallo de sombras”. Tamén se internou no terreo do audiovisual facendo guións para Televisión de Galicia e para Televisión Española, como Malos Tratos, N...