Toponimia de Marín
Imos comezar unha localización dos nomes de lugar de Marín que aparecen documentados no libro Toponimia de Marín de Elixio Rivas Quintas, un traballo que como tese doutoral presentou en Compostela no ano 1979. Lembremos o que sabemos sobre toponimia: Que é un topónimo? Lembras a clasificación de topónimos atendendo a súa orixe? Fíxate nos topónimos do noso Concello que respondan a cada unha destas orixes: Orixe prerromana: Barcia, Mogor, Carrascal, Meirán Miranda, Toxal Orixe latina : Marín, Portocelo, Chan do Monte, Freixo, Insua, Corticeiras, Ferruxeira, Marcos, Orixe xermánica : Allariz, Ardán, Blanco, Sebarís, Estaquelos, Orixe árabe :Almuíña, Atalaia, Laranxeira Por suposto que pode haber outras orixes, pero imos partir destas a modo de exemplo e logo comezar co achegamento á obra Toponimia de Marín de Elixio Rivas Quintas. 1- Introdución O campo da toponimia está, na súa maior parte, por explorar. É unha parcela do...