Yolanda Castaño ante unha imaxe de Rosalía de Castro Por que falamos da memoria? Falamos da memoria porque é unha ferramenta da humanidade altamente necesaria, para progresar, e o progreso sen coñecemento faise unha tarefa imposible. Porén non hai memoria sen curiosidade ou afán de saber de nós, ese espello do ser que é a identidade. Como andas de afán por saber? E s ti una persoa curiosa? Todas as persoas somos seres curiosos, temos afán de saber, porque sempre hai preguntas por responder se desexamos medrar. O afán de saber como se produce? Pois imos ilustralo cun coitelo que corta ou non, porque está, ou non, ben afiado. Se non temos coitelo, na prehistoria non o tiñan, cortaban con pedras pulidas, logo foron atopando e ...