ROSALÍA DE CASTRO
Comezamos a descuberta da nosa Rosalía. Saber do contexto, pero, sobre todo, coñecela a través dos seus textos. O seguinte texto escribiuno no ano 1858, aos 21 anos en Madrid, nun artigo no que reflexiona sobre a súa condición e futuro como escritora. "Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos aínda que ao meu redor sentirá dende o berce xa, o ruido das cadeas que debían aprisionarme para sempre, porque o patrimonio da muller son as cadeas da escravitude. Eu, sen embargo, son libre, libre como os paxaros, como as brisas, como os árabes no deserto e o pirata no mar. Libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento que se ergue ata o ceo, e descende ata a terra, soberbio como Luzbel, e doce como unha esperanza. Cando os Señores da terra me ameazan cunha mirada, ou queren lixar a miña fronte cunha mancha de oprobio, eu ríome coma eles rin, e fago, en apariencia, a miña iniquidade máis grande que a súa iniquidade. No fondo, non obs...