Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2024

RECUPERACIÓNS DE XUÑO

 Os contidos das recuperacións de xuño son os seguintes: CONTIDOS DA 3ª AVALIACIÓN Nesta avaliación temos que ter en conta a maiores os autores dos comentarios que estamos realizando aínda: Curros Enríquez e Pondal.  CONTIDOS DA 2ª AVALIACIÓN  CONTIDOS DA 1ª AVALIACIÓN    SOBRE O PLAN LECTOR: Para aprobar a materia deben terse realizado as probas de comprensión lectora das tres lecturas obrigadas do curso.  - Made in Galiza de Séchu Sende - O Axolote e outros relatos de Lara Dopazo - Comedia Bífida de Manuel Núñez Singala

PLAN LECTOR : COMEDIA BÍFIDA de Manuel Núñez Singala.

Imaxe
 Para rematar co plan lector na aula imos comezar coa lectura desta obra de teatro de Manuel Núñez Singala. Ao rematar a lectura realizaremos a pertinente proba de comprensión lectora. Esta será a derradeira proba do curso.   

COMENTARIOS DE TEXTOS DO REXURDIMENTO

Imaxe
 Como xa indicamos nestes días que nos restan  imos realizar varios cometarios, mínimo tres, sobre textos de autores do Rexurdimento: Rosalía, Curros Enriquez e Eduardo Pondal. Son materia avaliable desta 3ª avaliación que tedes que realizar de xeito obrigatorio.   Fixemos xa o comentario de Rosalía  páx. 244. do famoso texto:  Adiós ríos, adiós fontes... Imos co de Curros Enríquez páx. 268  Na chegada a Ourense da primeira locomotora . O terceiro será de Pondal:  O himno galego páx. 292.