Poñéndolle o nome á Terra na que vivimos.
Comezamos esta 2ª avaliación con dúas propostas que esixirán de nós un paso máis na responsabilidade que temos sobre a descuberta de nós. Unha mirada volverá a vista cara ao pasado através da TOPONIMIA e outra mirará cara ao futuro tentando despexar o camiño para o galego no que queda de século abordando unha nova lectura que leva o título de MADE IN GALIZA. TOPONIMIA DE MARÍN (I): Imos traballar sobre os conceptos básicos da toponimia para poder coñecer a nosa terra un pouco mellor a través da toponimia. MADE IN GALIZA de Sechu Sende (Faite co libro que despois de Nadal comezamos con el)